Blogia
juanluisadvo

ESQUEMA DO FLUXO CIRCULAR DA RENDA

ESQUEMA DO FLUXO CIRCULAR DA RENDA

O FLUXO CIRCULAR

DA

RENDA

O fluxo de bens e servicios entre empresas e familias, así como a correspondente corrente monetaria entre ambos axentes económicos, podémolo representar gráficamente:


EMPRESAS
(UNIDADES DE PRODUCCIÓN)

Bens e servicios Pago dos factores

↓ ↑ . ↓ ↑

Prezo dos bens e servicios . Factores de producción

FAMILIAS

(UNIDADES DE CONSUMO)

 

É dicir, as empresas venden os bens e servizos que producen as familias, e estas a cambio pagan o prezo dos mesmos; así mesmo, as familias venden o alquilan os factores da producción (traballo e capital) ás empresas, e estas a cambio pagarán as familias as correspondentes rendas (salarios, beneficios, alugueres, intereses, etc.). Establécese así unha doble corrente:

  • por un lado unha material ou real, formada polos bens e servicios adquiridos polas familias ás empresas, coa finalidade de satisfacer as súas necesidades, e polos factores de producción mercados ás familias polas empresas, coa finalidade de utilizalos no seus respectivos procesos productivos.
  • e outra corriente monetaria, formada polo precio dos bens e servicios que ás familias pagan ás empresas, e polas rendas que perciben ás familias a cambio da cesión dos factores de producción (beneficios, salarios, alugueres, intereses, etc.).
  • A suma das rendas percibidas polas familias a cambio da cesión dos factores da producción, danos a renda nacional dunha economía.
  • E a suma dos prezos dos bens e servizos vendidos polas empresas ás familias, daríanos o producto nacional dunha economía.


Se queres coñecer algo máis con respecto a este tema, recomendámosche:
http://www.pnte.cfnavarra.es/iesmarci/webs_alumnos/grupo_02/index.htm

0 comentarios